Logo Niblio

A túa biblioteca persoal,
100% privada

Niblio é a túa biblioteca persoal para rexistrar as túas lecturas do día a día, mantendo os teus datos sempre seguros e protexendo a túa privacidade por riba de todo.

Visualización de estantes
Estatísticas de lectura

Todo o que precisas para
gozar da lectura

Niblio converte o teu móbil nun rexistro completo, dándoche ferramentas sinxelas e potentes para organizar a túa colección sen comprometer os teus datos.

Biblioteca visual e estantes

Organiza os teus libros en estantes personalizados. Defíneos segundo as túas localizacións reais (como "Salón" ou "Habitación") para saber exactamente onde están fisicamente, ou úsaos para categorizar como queiras. Accede facilmente a toda a túa colección con listas ordenadas, filtros por estado (lendo, lidos, pendentes) e buscador instantáneo.

Localizacións físicas Categorización libre Filtros e acceso rápido

Le. Pausa. Continúa.
Niblio lembra por ti

Inicia unha sesión de lectura cun toque. O cronómetro rexistra o teu tempo exacto, indicas en que páxina remataches e Niblio fai o resto: calcula a túa velocidade, estima cando rematarás o libro e constrúe o teu historial de lectura día a día.

Sesión en tempo real Predición de finalización Historial de sesións

Estatísticas que inspiran

Rachas de lectura, obxectivos anuais, páxinas por día, velocidade media, calendario de lecturas e análise por xénero. Coñece os teus hábitos e supérate cada semana.

Rachas 🔥 Obxectivos anuais Calendario

Escanea ISBN ao instante

Apunta a cámara ao código de barras de calquera libro e Niblio engádeo automaticamente á túa biblioteca con portada, autor, editorial e todos os detalles.

Xestión de préstamos

¿Prestaches un libro e non lembras a quen? Rexistra en Niblio quen ten os teus libros e cales che prestaron a ti, con historial completo.

100% privado e offline

Os teus datos son teus. Todo se garda localmente no teu dispositivo. Sen contas, sen servidores, sen rastreo. Inclúe copia de seguridade e restauración.

¿Non sabes que ler hoxe?

Se tes dúbidas sobre cal empezar, Niblio axúdate seleccionando un dos teus libros pendentes para aforrarte a indecisión e que comeces a ler xa mesmo.

Cada pantalla,
pensada para ti

Biblioteca organizada por estantes

Estantes visuais

Lista de todos os libros con filtros por estado

Lista con filtros

Detalle de ficha de libro

Lista de portadas

Pantalla de progreso de lectura

Seguimento de lectura

Sesión de lectura en tempo real con cronómetro

Cronómetro intelixente

Buscador online de libros

Buscar online

Estatísticas de rachas e obxectivos

Estatísticas avanzadas

Calendario mensual de lecturas

Calendario de lecturas

Historial detallado de sesións de lectura

Historial de sesións

Gardar sesión de lectura

Gardar sesión

Desglose de estados e páxinas lidas

Páxinas por día

Pantalla de axustes de Niblio

Axustes

Niblio é gratis.
De verdade.

Sen publicidade, sen subscricións. Descarga Niblio e proba todas as funcións sen compromiso, cun xeneroso límite de ata 100 libros.

Todas as funcións
Sen rexistro nin conta
100% offline e privado
Dispoñible en Google Play
Proximamente na App Store

Un proxecto honesto, feito con agarimo para lectores

Sabemos que non che gustan as subscricións. A nós tampouco.

Niblio non ten subscricións. Se algún día necesitas rexistrar máis de 100 libros, existe Niblio Unlimited: un único pago e xa está. Pero non hai présa, próbao gratis e sen compromiso.

¿Gústache Niblio? Axúdanos a crecer

Niblio é un proxecto pequeno feito con moitísimo agarimo. Non temos presuposto de márketing, así que cada persoa que fala de nós conta. Se che gusta, contállo a un amigo lector, déixanos unha valoración na tenda e úsaa sen compromiso. Iso é todo o que pedimos.

Valorar en Google Play